CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis

Crónica 24 de novembro

Esta mañá, unha entrevista a unha hora mala fíxome perder as sesións de antes da comida. Porén, non podo dicir que non gozara co tolo de Michael Glawogger contándome, entre risas nerviosas, as súas peculiares travesías transnacionais. Se engadimos que Faust e Walk Away Renée son dous peliculóns, podemos falar doutro aproveitado día neste FIC Xixón, que conta nesta edición cunha programación a aplaudir. A adaptación da celebre novela de Goethe por Alexandr Sokúrov... Ler máis