ANOTACIÓNS ACERCA DA CRÍTICA E A PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA

0. Preámbulo Fun convidado por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea para dar unha charla acerca das relacións entre a crítica e a programación cinematográfica actual, dentro do magnífico festival Play-Doc de Tui 2015. A súa proposta levoume a idear o desenvolvemento dos puntos básicos do traballo destas dúas profesións na actualidade. A falta de conseguir un discurso cunhas conclusións claras, de expor algo que tivera unha coherencia na súa totalidade, dividín... Ler máis

PLAYLISTS E CUBOS DE RUBIK

No número 1 da revista Cinema Comparat/ive Cinema Pablo García Canga escribe un artigo en torno a un día de programación na Cinemateca Francesa, “14/09/1968, una programación de Henri Langlois” (2012). Ese día de setembro de 1968 a Cinemateca proxectou catro películas: Blind Husbands (Eric von Stroheim, 1919), The Big Sky (Howard Hawks, 1952), Bonjour tristesse (Otto Preminger, 1958) e Bande à part (Jean-Luc Godard, 1964). Segundo o abstract do propio artigo, García... Ler máis

SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO

Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante á hora de amosar a relación entre a paisaxe e o home nalgunhas das súas obras. En case todas elas,... Ler máis