O rural galego en tres xestos. A sección ‘Escolas: Xatería’ do festival Intersección

Xatería xorde da colaboración entre o festival Intersección e a galería de arte lucense Solaina, nunha chamada a voces de estudantes con traballos en relación co rural dende distintos ángulos. Se o leitmotiv do festival foi “a cidade” e, por conseguinte, a análise e a posta en dúbida do vínculo que partillamos coa mesma, Escolas: Xatería propón unha dicotomía rural-cidade dende achegas que poden vir de dentro do rural ou de fóra do mesmo.  O abano de seleccionadas... Ler máis

LE CONCOURS, de Claire Simon

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Cinematográfica que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2017 A pesares de ter prendida a etiqueta de documentalista, Claire Simon vese a si mesma como cineasta, consciente, probablemente, da imposibilidade da obxectividade de quen encadra e escolle a imaxe. Se cadra por iso, en Le concours (2016), decidiu levar o aparato de rodaxe ao interior da prestixiosa escola de cinema... Ler máis