O GEBO E A SOMBRA, de Manoel de Oliveira

A DERRADEIRA ESPERA Pasa o tempo e a sabedoría do centenario mestre portugués Manoel de Oliveira non decrece un ápice. A vontade de expresión testamentaria hai tempo que perdeu o seu sentido, xa que cada un dos seus filmes conserva ese pouso de obra definitiva, perfectamente acabada, ao tempo que escandalosamente precoz na súa lucidez. Fiel os seus dispositivos narrativos, discursivos e mesmo escénicos, en O Gebo e a Sombra, coprodución franco-portuguesa co respaldo de... Ler máis

CSAK A SZÉL – JUST THE WIND, de Benedek Fliegauf

Atribúeselle a Giacomo Leopardi a seguinte cita: “Non temas nin á prisión, nin á pobreza nin á morte. Teme ao medo”. Como se indica tralos créditos iniciais, Bence Fliegauf inspirouse libremente na vaga de crimes contra familias xitanas que tivo lugar en Hungría en 2008 e 2009. A primeira toma xa é unha premonición: o sol vespertino ocúltase tras uns pastos e dá paso á escuridade. O día comeza para a familia de xitanos protagonista. A muller dá de comer ao vello... Ler máis

AMOUR, de Michael Haneke

O cinema, visto na sala escura, é unha experiencia. Isto é, o filme promove unha identificación emocional co espectador a través da manipulación narrativa ou estilística. Por exemplo, a música ou un acontecemento catártico no melodrama establecen unha relación sentimental coa audiencia. De certa forma, manipúlana, utilizando a suspensión da incredulidade e a identificación cos personaxes para xogar co espectador. Esa semella ser tamén a axenda do cineasta Michael... Ler máis

O MELLOR DE 2012

De limusinas e outras bestas Os mellores filmes de 2012 son, coma case sempre, os que iremos vendo ao longo deste novo ano: moitos veñen de chegar ás salas comerciais, algún aínda resiste nelas logo de varios meses e a gran maioría aínda está por descubrir, xa sexa a través da rede, dos festivais, das filmotecas ou directamente no mercado de DVD. Malia que non todos acadaron a máxima puntuación á que poderían chegar por falta de visibilidade, a nosa listaxe comeza... Ler máis