LA MORT DE LOUIS XIV, de Albert Serra

“Nos meus filmes gústame deixar aos espectadores con ganas de menos”. Con esta frase o sempre ‘rebelde’ Albert Serra (Banyoles, 1975) describía a duración e o ritmo do seu último filme, La mort de Louis XIV (2016). E é que a última cinta do director catalán efectivamente regodéase nunha rutina mortuoria que esperta no vidente bostezos e continuas miradas ao reloxo. Porén, esta pausada forma de contar a morte dun dos símbolos das monarquías históricas non é... Ler máis

MIA MADRE, de Nanni Moretti

Unha mirada cansa, unha vía intravenosa, a habitación dun hospital. Marguerita senta ao carón da súa nai. Despois de Habemus Papam (2011), unha sátira que circula ao redor dos funcionarios de Deus, Nanni Moretti deixa de lado o sarcasmo que caracteriza os seus filmes para tratar un tema autobiográfico e introspectivo, a enfermidade da súa propia nai. Mais o director italiano decide que será unha muller a que interprete o que él viviu uns anos atrás. Mia Madre retrata... Ler máis

E AGORA? LEMBRA-ME, de Joaquim Pinto

Ler este texto na súa versión orixinal en portugués Como analizar o tempo? Como incorporar ese concepto filosófico milenario ao pensamento humano? O cinema, como arte do tempo, pode contribuír a esta busca interminábel: pode axudarnos a entendérmonos ou, aínda mellor, a pensarnos como seres durábeis e, sobre todo, finitos. Desa conciencia ontolóxica xorde E Agora? Lembra-me (Joaquim Pinto, 2013): o seu título alude de seguida a esa problemática, xogando coa idea de... Ler máis