SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL

A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis

120 BATTEMENTS PAR MINUTE, de Robin Campillo

París, principios dos noventa. Un grupo de activistas de Act-Up, asociación internacional que loita pola visibilización do VIH e a súa erradicación, reúnese nas aulas dunha facultade e, entre acalorados debates e saídas nocturnas, sucédense as accións reivindicativas, radicais e transgresoras, poñendo contra as cordas ás autoridades e ás grandes farmacéuticas para empurralas a atopar unha solución asequible e universal á súa enfermidade. Francia levaba xa unha... Ler máis

PHILIPPE MANGEOT: “SIGO CONVENCIDO DE QUE AÍNDA É POSIBLE CREAR CONCIENCIA NO MUNDO”

Despois dun triunfante percorrido por numeroso festivais internacionais, que comezou coa súa estrea na última edición de Cannes, chega ás nosas pantallas 120 battements par minute (2017), do francés Robin Campillo. A película, ambientada nos anos 90, está baseada nas accións reais levadas a cabo polo grupo Act Up, organización en defensa do colectivo LGTBI, durante os anos máis duros da crise da SIDA en Francia. Tivemos a sorte de conversar co guionista Philippe Mangeot... Ler máis