Curtocircuíto 2022: Radar

Subtotals, de Mohammadreza Farzad A sección Radar do festival Curtocircuíto recolle cada ano as propostas máis narrativas ou representacionais do certame, mentres que Explora se decanta pola experimentación formal e a abstracción. Non obstante, na meirande parte das manifestacións cinematográficas, estas curtas que imos analizar hoxe estarían colocadas na programación máis atípica. E é que a cita compostelá é xa un evento dedicado á vangarda, dun xeito case transartístico,... Ler máis

RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO

O verán. Tempo para o lecer e o pracer, para saír da casa e saír dun mesmo, para cruzar fronteiras sen ollar atrás. Mágoa que nesta década, con máis de cinco millóns de parados no estado e un mercado laboral moi precarizado, onde o único traballo posíbel semella ser a prestación puntual de servizos, moitos teñamos que ficar na casa, sen cartos nin xeito de conseguilos, vivindo da caridade familiar e dos convites dos amigos, como lle ocorre, en parte, aos tres amigos... Ler máis

“ICEBERG É FRÍA E CONTEMPLATIVA, NON QUERÍA QUE A XENTE SE APIADASE DOS NENOS”

Con xuño chega o verán, e con el a tempada de cinema comercial nas salas. Aínda que non en todas. A mediados de mes os españois terán a oportunidade de comprar a súa entrada para ver unha das películas máis interesantes do ano: Iceberg, do salmantino Gabriel Velázquez. Trátase dunha obra silenciosa que che berra ao oído sen apenas falar. Contemplativa ao máis puro estilo da vangarda sueca, a cinta entrelaza as vidas de catro adolescentes coa auga do río que baña... Ler máis