PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA

A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis

RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO

Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito? Por que calquera relación do cinema e a política ponse baixo sospeita? Fíxose extensiva a... Ler máis