THE KILLING OF A SACRED DEER, de Yorgos Lanthimos

O cinema do director grego Yorgos Lanthimos é difícil de catalogar. As primeiras novas da súa obra –inquietante, inquisitiva, punzante e altamente codificada– chegáronnos con Κυνόδοντας (Canino, 2009), unha longametraxe que supuxo a primeira colaboración co seu coguionista Efthymis Filippou, e onde Lanthimos expuña as coordenadas dun cinema de estrañeza, violencia e incomodidade do que nos seguiu ofrecendo novos retrincos ao longo da última década. Con... Ler máis

VICTORIA, de Justine Triet

En Le bataille de Solférino (2013), ópera prima da francesa Justine Triet, o exercicio profesional dunha reporteira televisiva de clase media (Laetitia Dosch) solapábase coa necesidade de atender ás súas dúas fillas e confrontar ao seu antigo marido. Baixo un esquema de comedia caótica, chamada tamén a testemuñar o ambiente nas rúas parisinas durante a segunda volta das eleccións presidenciais de 2012, nas que François Hollande resultou vencedor, Triet conseguía poñer... Ler máis

FRANKENSTEIN 04155, de Aitor Rei

  Dous anos despois do accidente de Angrois, a verdade sobre o acontecido na tarde do 24 de xullo segue a ser unha incógnita. Ao silencio e as medias verdades do poder político, únese a lentitude da burocracia que semella querer afogar en longos lapsos temporais de espera o desexo de xustiza. É aquí onde xorde o cine. É aquí onde xorde Frankenstein 04155. No cine non existen longos períodos de espera; no cine a xustiza atopa o acougo que hoxe máis que nunca, nunha sociedade... Ler máis