BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES
A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse nun barrio afastado e pobre para non chamar a atención mentres sanda as feridas provocadas nun traballo... Ler máis
SITGES 2013 (1/4): WE ALL DIE IN THE END
Suponse que a función dun programador é a de xuntar títulos para producir un discurso. Atendendo a este principio básico, pódese afirmar que o equipo de Sitges tivo as cousas moi claras para trazar as liñas definitorias deste 2013. Advertimos polo menos dúas moi claras e cruzadas, e outros tantos apuntamentos que dialogan con temas de pasadas edicións. Polo rico da proposta, dividiremos a nosa cobertura deste ano en catro partes, publicadas ao longo de dúas semanas, para... Ler máis
‘CONTRACAMPO’: REVISTA DE COMBATE
A morte o pasado 20 de febreiro de Francisco Llinás, crítico cinematográfico, activista cultural e fundador da revista Contracampo, publicación cinematográfica prolongada durante 42 entregas entre abril de 1979 e outono de 1987, trae ao recordo a significación dunha aposta editorial hoxe aínda diluída ou pouco coñecida, en ocasións mal dixerida polas sucesivas operacións de desmemoria levadas a cabo sobre o frutífero marco da etapa da transición política española... Ler máis
DE REVOLTAS E HOMES
“Debemos negar o presente en todas as súas formas e construir o futuro” Ice “O gran dragón chámase “ti debes”, pero o espíritu do león di “eu quero” Nietzsche A labor de difusión cultural da empresa Intermedio atopa outro dos seus momentos álxidos coa edición de dous excelentes (e autoproducidos) títulos da primeira etapa do cineasta estadounidense Robert Kramer (1939-1999), Ice (1969) e Milestones (1975). Esta pertinente edición permite recuperar a un... Ler máis