MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”

Na pasada edición do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense unha rara avis entrou dentro da Competición Iberoamericana. Tratábase de Lilith’s awakening (2016), filme de autor e de terror dirixido por unha muller, Monica Demes, que mesturaba reivindicacións feministas e cine de vampiros dando lugar a unha das obras máis interesantes do festival. Fotografia: Daniel Gallego Comentabas no pase posterior á túa película que estiveras en Galicia hai anos facendo turismo... Ler máis

CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS

As estrelas, estrelas son, non importa a categoría da arte á que pertenzan. O público da sesión de medianoite de onte no Gran Teatro Lumière acolleu con entusiasmo a estrea de Gimme Danger (2016), dirixida por Jim Jarmusch, que entrevista á lenda do rock Iggy Pop. Máis que un retrato persoal sobre a súa figura, trátase dunha volta ao tempo dos Stooges dende o relato do seu solista, único membro aínda vivo dunha banda que revolucionara o rock dos anos setenta. O documental... Ler máis

ONLY LOVERS LEFT ALIVE, de Jim Jarmusch

Un dos pasatempos favoritos dos friquis cinéfilos, ademais de elaborar listas e rankings de todo o cinematográfico posible e facer quinielas de festivais e entregas de premios, é xogar aos what ifs: como sería tal película de dirixila tal director, que faría tal autor de atreverse a facer tal cousa nas antípodas do seu estilo (Paco Alcázar sábeo, e por iso adoita recorrer a este entretemento na súa tira cómica A industria dos soños). Ás veces temos sorte, a algún... Ler máis