NEBRASKA, de Alexander Payne

Non deixa de abraiarme o alto creto co que conta Alexander Payne entre a crítica especializada, que a miúdo o trata con toda a deferencia dun grand auteur cando eu coido que aínda non superou o estadio de (moi eficaz e solvente, iso si) artesán. Parte do problema que teño con el vén de que as súas fitas, que a priori semellan do máis interesante da colleita norteamericana do seu ano (filmes de consenso que gustan ao público e acaparan premios), acaban chegando menos... Ler máis

天注定 (A TOUCH OF SIN), de Jia Zhangke

Para una crítica de la violencia El cineasta chino Jia Zhangke ha fundamentado toda su obra en el registro de las enormes metamorfosis espaciales que se han producido en China como consecuencia de su incorporación a la economía de mercado en 1978. La liberación del sistema económico, la creciente influencia de las fuerzas del mercado y la mayor apertura exterior han provocado en el gigante asiático una radical metamorfosis urbanística y espacial en los últimos 30 años.... Ler máis

ONLY LOVERS LEFT ALIVE, de Jim Jarmusch

Un dos pasatempos favoritos dos friquis cinéfilos, ademais de elaborar listas e rankings de todo o cinematográfico posible e facer quinielas de festivais e entregas de premios, é xogar aos what ifs: como sería tal película de dirixila tal director, que faría tal autor de atreverse a facer tal cousa nas antípodas do seu estilo (Paco Alcázar sábeo, e por iso adoita recorrer a este entretemento na súa tira cómica A industria dos soños). Ás veces temos sorte, a algún... Ler máis

LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino

Roma era unha festa Que La grande bellezza (Paolo Sorrentino, 2013), un mordaz retrato dos usos e costumes da jet set italiana en pleno ocaso da era de Silvio Berlusconi, fose financiada por Mediaset resulta cando menos curioso. Sobre todo porque Paolo Sorrentino non se queda á metade na súa embestida contra a plana maior do establishment romano: nobres vidos a menos (que se alugan para soirées), burgueses arribistas, intelectuais arrimados ao poder, artistas conceptuais (que... Ler máis

LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche

Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis

3 X 3D, de P. Greenaway, J-L Godard & E. Pêra

Ler este texto na súa versión orixinal en portugués No vasto conxunto da súa programación de cinema e audiovisual, Guimarães 2012 – Capital Europea da Cultura encomendou a tres cineastas unha reflexión sobre o proceso de produción cinematográfica en 3D. Para esa tarefa, os programadores João Lopes e Rodrigo Areias escolleron dúas das principais referencias cinéfilas internacionais -Peter Greenaway e Jean-Luc Godard- e mais a Edgar Pera, un dos cineastas portugueses... Ler máis