WILL FERRELL E O MAINSTREAM ENTRÓPICO

A comedia mainstream do Século XXI é un terreo árido e repetitivo. Só algunhas figuras como as de Ben Stiller, Seth Rogen, Sacha Baron Cohen e Judd Apatow fan avanzar ao xénero, reflexionan sobre el mesmo ou propoñen unha nova mirada. Atopámonos nunha conxuntura onde a experimentación radical no xénero parece recaer unicamente sobre o medio televisivo e en autores como Louis CK, Ricky Gervais, Larry David, Donald Glover, Dan Harmon ou Sacha Baron Cohen (outra vez). Estes... Ler máis

BERLINALE 2019: SECCIÓN OFICIAL

Synonyms (Nadav Lapid) © Guy Ferrandis A última edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (7-17 de febreiro) foi especialmente prolífica no que se refire a titulares e polémicas arredor da súa programación. Despois de 18 anos como director artístico da Berlinale, o xermano Dieter Kosslick despedíase do festival cunha 69ª edición que prometía moito máis do que acabou ofrecendo, especialmente cando falamos dun dos maiores escaparates de cinema a nivel global.... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis