DOC LISBOA 2017: DESCOLONIZAR A NOSA OLLADA

Nunca chegamos a ningures ceibes de prexuízos: temos a mente colonizada por discursos alleos, impostos, que damos por supostos. Non sabemos ren, mais temos opinións para todo. De onde xurdiron? Cómpre desconfiar desas ideas: conta máis inmediatas, máis sospeitosas. Mellor a dúbida que a certeza, a curiosidade que a seguridade, como ben sabe a equipa de programación do Doc Lisboa, encabezada polos seus directores Cintia Gil e Davide Oberto. Por iso, a competición internacional... Ler máis

A GALERÍA NO PAPEL. RESEÑA DE ‘LABORATÓRIO CINEMÁTICO. SOLAR, 10 ANOS’

Un libro, un obxecto, unha lembranza. A publicación Laboratório Cinemático. Solar, 10 Anos (Nuno Rodrigues & Daniel Ribas, eds., 2016) recolle un feixe de materiais que dan conta das actividades desenvolvidas durante a primeira década de existencia da Solar – Galería de Arte Cinemática de Vila do Conde. Este proxecto xurdiu a partir da sección ‘Work in Progress’ do festival Curtas Vila do Conde ante a necesidade de crear “un espazo de cuestionamento dos... Ler máis

CURTAS 2015: BOA COLLEITA LUSA

Curtas Vila do Conde é un festival que sempre pode presumir da súa sección nacional. Heteroxénea e irregular, como todas as competicións deste estilo, é raro que en cada edición non despunten varios títulos, coma foi o caso de 2015, que veu acrecentado este éxito mediante a produción de catro curtametraxes dende o festival. Da primeira delas, do galego Lois Patiño, xa apuntamos algo nunha crónica anterior, mais haberá que precisar certos aspectos de Noite Sem Distância... Ler máis

VILA DO CONDE 2013: CONAKRY

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Unha lección de historia e de cinema. Sobre todo de cinema. Isto é o primeiro que suxire o filme de Filipa César presente na competición nacional do Curtas 2013. Conakry (Filipa César, 2013, 11 min) é un simple plano-secuencia filmado na Casa das Culturas do Mundo en Berlín coa participación da escritora portuguesa de ascendencia são-tomense Grada Kilomba e a xornalista radiofónica norteamericana Diana McCarty.... Ler máis