As Neves, de Sonia Méndez

Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío nin sequera reciben esa etiqueta. Eu asócioa a un modelo caduco e repetitivo, moi na liña indie... Ler máis

16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Oficial

Hostal España, de Chus Domínguez e Inma Álvarez Dezaseis anos leva a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) sendo un dos eventos máis importantes do ano para o Museo do Pobo Galego. Por desgraza, como o ano anterior, a pandemia afectou ao seu desenvolvemento e a organización tivo que tomar novas vías para o correcto funcionamento da mesma. Desde a casa, tivemos o pracer de gozar dalgunhas das once películas que conformaron este ano a Sección Oficial. Películas... Ler máis

MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA

Só un 19% dos filmes producidos en España son dirixidos por mulleres. En todos eles, só o 36% teñen protagonistas femininas. Disto tamén falan Noelia Álvarez e Nazaré Estévez no seu ensaio ‘Análise da representación da muller no cinema español da última década‘, gañador do Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional dos I Premios María Luz Morales de investigación audiovisual. O documento arroxa luz sobre a necesidade dun discurso de xénero na análise... Ler máis