CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis

Crónica 25 de novembro

Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí, un pai con algunha deficiencia e unha denuncia evidente ao sistema, e xa é carne de Oscar. Pero,... Ler máis