A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS

Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis