HOLY MOTORS, de Leos Carax

A VIDA INMANENTE Holy Motors é unha película cun marcado ‘pathos’, unha paixón moi densa que apenas deixa espazo ao espectador para padecer, segundo o seu albedrío, as imaxes que se lle presentan –seguramente esa sexa unha das razóns polas que lle é tan doado a Leos Carax irritar ao público (así como aos produtores, visto o que lle custou volver a embarcarse nesta auténtica iluminación, unha frecha lanzada ao futuro)–. Un riso que os devolve á casa,... Ler máis

O MELLOR DE 2012

De limusinas e outras bestas Os mellores filmes de 2012 son, coma case sempre, os que iremos vendo ao longo deste novo ano: moitos veñen de chegar ás salas comerciais, algún aínda resiste nelas logo de varios meses e a gran maioría aínda está por descubrir, xa sexa a través da rede, dos festivais, das filmotecas ou directamente no mercado de DVD. Malia que non todos acadaron a máxima puntuación á que poderían chegar por falta de visibilidade, a nosa listaxe comeza... Ler máis

COSMOPOLIS, de David Cronenberg

A LIMUSINA DE ERIC PACKER Dentro, a caverna do demiúrgo. Fóra, un páramo habitado pola multitude, por aqueles que non son Eric Packer ou que non traballan para el. A partir desta dicotomía infranqueábel, Cosmopolis organízase arredor das sucesivas visitas de diferentes personaxes á limusina / trono / fogar do demiúrgo: a aparición de cada novo empregado disposto a renderlle obediencia ao seu amo implica, coma no teatro, un cambio de escena, de tema e de rexistro, coma... Ler máis

O TERROR BUSCA PSICANALISTA

Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo, parece que este ano a cuantiosísima colleita de cinema de terror, fantástico e arredores do certame... Ler máis

O TRIUNFO DA AUDIENCIA

O espectador, máis que nunca, foi o protagonista desta edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya. Ten sentido sabéndonos próximos á fin do mundo, coma se Sitges fose o último bastión de esperanza ou o lugar onde queremos vivir o final, rodeados de cinema e de amigos creados a través do cinema. Vestímonos todos a pel do Curtis de Take Shelter (Jeff Nichols, 2011) para empaparnos dun zeitgeist desesperanzado e medorento, transferindo filias do... Ler máis