PLAY-DOC 2018: UN ANO BIPOLAR

A decisión do xurado de distinguir, ex aequo, os filmes The Waldheim Waltz (Ruth Beckermann, 2018) e Lamaland (Teil I) (Pablo Sigg, 2018) espertou máis dun comentario retranqueiro entre o público que seguía, copa en man, a solemne entrega de premios da última edición de Play-Doc. Houbo quen opinou que, postos a repartir, ben podía ser un premio ex aequo entre os cinco filmes a concurso. Tamén houbo quen fantaseou coa posibilidade de que os gañadores partisen a pedra... Ler máis

DOC LISBOA 2017: LUGARES DE FALA

Cómpre eloxiar a extraordinaria coherencia coa que os programadores do Doc Lisboa establecen ligazóns entre as diferentes seccións do festival: este ano, dunha banda, había varios filmes espello, que trataban os mesmos temas dende distintas perspectivas –como a morte, en 方綉英 (Mrs. Fang, Wang Bing, 2017) e End of Life (John Bruce & Pawel Wojtasik, 2017); ou o racismo, en Did You Wonder Who Fired the Gun? (Travis Wilkerson, 2017) e Purge this Land (Lee Anne Schmitt,... Ler máis