Fon Cortizo: “O cinema é unha arte de creación colectiva e eu quería recuperar esa esencia”

Fon Cortizo propón 9 fugas (2020) que son tanto musicais como cinéticas na súa segunda longametraxe tras Contrafaces (2015). Presentada onte no Festival Internacional de Cinema de Xixón, que este ano se fai enteiramente online, pode verse en Filmin ata o 26 de novembro ás 20 horas, sempre que non se superen os 1.000 visionados marcados como tope desta sorte de salas virtuais. Falamos con el para que nos explique os detalles desta produción rodada dende a improvisación... Ler máis

FICXIXÓN 2017: NOVA ETAPA (II/II)

(Vén de aquí) Pero volvendo ás seccións competitivas, houbo máis filmes a destacar. Os premios ás interpretacións foron representativos da oficial e destacaron dúas das propostas máis estimulantes. Lucky (John Carroll Lynch, 2017) e En la playa sola de noche (밤의 해변에서 혼자, Hong Sang-soo, 2017) deben boa parte do seu éxito aos seus actores protagonistas. A primeira é o filme póstumo dun actor tan icónico da filmografía estadounidense como Harry Dean... Ler máis

FIC XIXÓN 2017: NOVA ETAPA (I/II)

Esta crónica será forzosamente parcial e heteroxénea, pois a nosa visita a Xixón deunos para ver algúns filmes en só catro días, dentro dunha selección enorme que dificilmente pode abarcarse a non ser que unha se centre nunha sección en concreto. Non é o caso, tomamos petiscos de aquí e aló, vendo moi bo cine, mais sen poder establecer grandes conexións. Quizais a única clara que atopamos nunha importante colleita de cine francés este ano, foi a vontade común de... Ler máis

BILL PLYMPTON, CINEASTA INCANSABLE

O catálogo pesa, pero non queda. Consciente da transcendencia da palabra impresa, o Festival Internacional de Cinema de Xixón dedica cada ano un libro ou dous aos protagonistas dos seus ciclos retrospectivos. Xunto ao de Brillante Mendoza, minúsculo, urxente, pura recompilación sen moito traballo de edición de textos antes aparecidos; o certame asturiano encargou neste 2014 un exemplar sobre Bill Plympton á xornalista Rocío Ayuso. Este, máis esixinte, abrangue toda a obra... Ler máis

FICX 2014 (III/III): UNHA APOSTA CHAMADA CONVERGENCIAS

Terceira parte da crónica do FICX deste ano, pódese consultar a primeira, que dá unha idea xeral do festival, aquí; e a segunda sobre a sección oficial e Rellumes, neste outro enlace. A 52ª edición do FICX respectou seccións clásicas, confirmou a recuperación doutras e presentou novidades que agardamos sigan por moitos anos. Das primeiras destacaron as sempre atractivas para o público Sección Oficial, Gran Angular e Rellumes, as dúas últimas tamén seccións competitivas... Ler máis

FICX 2014 (II/III): SECCIÓN OFICIAL E RELLUMES

Segunda parte da crónica, que vén de aquí; séguelle outra centrada en Convergencias, a nova sección da crítica. En liñas xerais na Sección oficial atopámonos películas con moi boa factura, que inclúen aspectos que as diferencian do cinema máis comercial, pero que non obstante, son algo convencionais no tratamento das tramas e a forma de contar. Aínda que tanto nesta sección como noutras, houbo excepcións. Men, Women and Children (Jason Reitman, 2014) (fóra... Ler máis

FICX 2014 (I/III): SECCIÓNS ROUBADAS

A 52ª edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón deunos a oportunidade de gozar durante nove días intensos, do 21 ao 29 de novembro, de bo cinema, presentacións emocionantes, sidra natural e moi boa mesa. Para min foi a primeira vez na cidade e a primeira vez no FICX, así que sorprendido e resaltado pola cantidade de salas, seccións e actividades paralelas. Por forza houbo que elixir, descartar algunhas seccións para decantarse por outras, e con sorte, entre... Ler máis