The Florida Project, de Sean Baker

No ano 2015, durante o Festival de Cine de Sundance, o director Sean Baker acaparou todas as miradas coa estrea do seu rompedor filme Tangerine (2015). Rodada integramente con teléfonos iPhone, a película converteuse nunha das grandes sensacións do certame estadounidense. Nun primeiro momento, a proeza técnica da cinta ocupou case todos os titulares na prensa especializada. Porén, foron a súa historia e particular enfoque os que sinalaron a Baker como un dos directores... Ler máis

TOIVON TUOLLA PUOLEN, de Aki Kaurismäki

Ler esta crítica na súa versión orixinal en portugués É refrescante voltar de cando en vez ao cinema de Aki Kaurismäki. O seu mundo, atravesado por unha estética retro (mais sen o pastiche posmoderno ao que asociamos agora esa palabra), ancórase na vontade e na necesidade de dirixir o noso ollar naquilo que nos fai humanos. Ese lado humanista –que o cinema clásico converteu nunha postura política– fai do realizador finés unha caste de illa no medio da confusión... Ler máis

SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (2)

A sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla é un dos principais motivos que colocan a este certame como un dos máis enérxicos e audaces do panorama internacional. Nesta segunda (e última) parte da nosa crónica intentaremos conectar algúns dos filmes nos que percibimos certas similitudes conceptuais. En moitas das obras presentes este ano puidemos observar que o ‘cambio’, nas súas diversas manifestacións, adoita ser o motivo que desencadea a narrativa.... Ler máis

SOBRE O PASO DE ABBAS KIAROSTAMI POR BARCELONA

Case unha década despois da visita de Abbas Kiarostami a Barcelona con motivo da exposición ‘Erice – Kiarostami. Correspondencias’, o cineasta iraniano regresa á cidade aos seus setenta e catro anos para impartir un curso, inaugurar unha retrospectiva e pronunciar varias conferencias. Despois de arrincar en Bogotá, e con pretensión de estenderse a diferentes cidades do mundo, ‘Filmando en Barcelona con Abbas Kiarostami’ é un obradoiro práctico... Ler máis