DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA

Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival, de novo, ofrecía un mapa co que orientarse –na páxina 63, para quen o queira ver– organizado,... Ler máis

AR, LUME, TERRA E AUGA. O CINEMA DE ANA VAZ

El rayo que había destruido el árbol, había liberado a Foción de la adoración de su eternidad circular. José Lezama Lima, Paradiso (1) Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués. Cicelado ao longo de oito curtas e mediametraxes, o cinema de Ana Vaz alía a innovación formal —a invención dunha linguaxe singular, esculpida á marxe do canon e en diálogo constante coas formas visuais dos modernismos (en particular, do cinema moderno latinoamericano)— co... Ler máis

ANOTHER EARTH, de Mike Cahill

O MEU EU EN FUNCIÓN DO OUTRO · O Eu, tema fundamental da reflexión humana que nos levou desde hai séculos a pensar e repensar unha e outra vez na nosa forma de estar no mundo, de constituírnos como suxeitos e de enfrontarnos a aquilo que é similar a nós, pero que non se corresponde ao noso eu: o outro. Este eu fronte ao outro é o tema central de Another Earth, un filme de ciencia ficción que basicamente establece unha premisa fantástica que lle serve como contexto... Ler máis

CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS

Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do período clásico, e que funcionaría en base a unha serie de conceptos pre-codificados. O segundo... Ler máis