ABERTA A INSCRICIÓN PARA O SEMINARIO A CRÍTICA EN IMAXES

Crítica de cinema e creación son camiños que cada vez corren máis paralelos. Por iso, e continuando unha vontade que comezou no IV Seminario de Crítica que tivo lugar en Play-Doc, os videoensaios volven a centrar o noso discurso arredor das novas formas de ollar cara a crítica de cinema. Ante un cinema cada vez máis diverso, precisamos ferramentas máis potentes que as letras para falar del: precisamos falar de imaxes desde as imaxes. O videoensaio xorde como un novo campo... Ler máis

Número 40

Nos seus 40 números, A Cuarta Parede sempre se achegou ao cinema coa ollada aberta a todo tipo de novas situacións que o contexto nos brindase. Emporiso, este número 40 está ilustrado coa imaxe do capítulo (ou filme) Bandersnatch (Charlie Brooker, 2018), que forma parte do universo Black Mirror. Un filme do que Víctor Navarro Remesal dá conta neste artigo a propósito das múltiples posibilidades de análise que ofrece este novo produto do xigante Netflix. Tamén sobre... Ler máis

A fascinación do cotiá

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No ano 1975 a realizadora belga Chantal Akerman logrou o impensable: que o invisible resultase esencial. Jeanne Dielman marcou un antes e un despois na historia do cinema, ofrecendo unha representación absolutamente revolucionaria da rutina cotiá e o traballo doméstico a través da ollada feminina. Máis de 40 anos despois,... Ler máis

Número 38

No 1985, Alison Bechdel publicaba en Dykes to Watch Out For o que despois sería chamado o ‘Test Bechdel’, quizais a expresión máis popular da crítica feminista dos últimos anos, sobre o que nós xa publicamos un artigo en 2014. Nesta banda deseñada enunciábanse tres simples reglas a seguir para aprobar un filme: ten que haber cando menos dúas mulleres con nome propio, que falen entre si, de algo que vaia alén dos homes. Este test, aínda que pode ser catalogado como... Ler máis

TRANSEÚNTES, de Luis Aller

A aparición na carteleira dunha película que leva 20 anos na súa elaboración sempre é unha boa noticia, máis aínda se provén dun director e unha equipa que demostran unha filiación cinéfila que traspasa a contorna da sala para chegar ás aulas, os seminarios e outros ámbitos de formación. Cómpre recordar aquí que o valente proxecto levado a cabo pola produtora El dedo en el Ojo nútrese principalmente de profesionais que traballan na escola de cine Bande à part,... Ler máis

PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE

Hai acontecementos na historia do home que marcan e definen con lume o presente e futuro das nacións. Momentos de quebranto nas relacións políticas e sociais que conxelan a vida dos seus cidadáns e mantéñenos inmóviles nese tempo e lugar como memoria paralizadora. Hai homes, tamén, coa perseverancia e obstinación, coa ética e a responsabilidade necesarias como para transformar esos fitos históricos en loita, arte e memoria. Ese é o caso de Patricio Guzmán e da súa... Ler máis

PLAY-DOC 2014: UNA CIERTA TENDENCIA DEL CINE DOCUMENTAL

Durante el primer fin de semana de abril, pudimos disfrutar en Tui de una nueva edición del Festival Internacional de Documentales que se celebra en la localidad desde 2004. Son ya diez años con la presencia en Galicia de algunos de los mejores documentales nacionales e internacionales, y la ocasión se celebró -no podía ser de otro modo- con cine: inaugurando la Sala 2, y con la proyección de las películas más destacadas de estos diez años de historia. Este recorrido... Ler máis