EDUARDO CASANOVA E O SEU MUNDO “DE COR DE ROSA”

Cando se fala de cinema fálase de crear, de idear, de construír. De lograr a verosimilitude pero tamén de xerar outros mundos, de conformar atmosferas perfectas para a narración fílmica e ante os ollos do espectador. E cando se fala de dirección de arte, en moitos casos xoga un papel crucial a innovación, a extravagancia e o exceso, para dotar a unha película de todos eses elementos que a fagan inesquecible. Todo isto aparece na obra audiovisual de Eduardo Casanova (Madrid,... Ler máis

MARÍLIA ROCHA: CATRO SÍNTOMAS DUNHA AUTORA

A chegada de Fran Gayo e a súa equipa á dirección artística ao Festival de Ourense supuxo unha renovación do seu enfoque. O que antes era un festival que pasaba desapercibido nas citas cinéfilas galegas, é hoxe un evento imperdible onde as pontes creadas entre Latinoamérica, a lusofonía e Galicia son xa feitos constatables. Podemos afirmar que o OUFF supón o punto de encontro que precisaba Galicia para ter unha rede de festivais de cinema interconectados cuxas programacións... Ler máis

EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN

O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis