CURTOCIRCUÍTO 2019: RADAR, REVOLUCIÓN, RESISTENCIA!

“Sí, señor, sí, señor, somos la revolución, tu enemigo es el patrón, somos la revolución…” Alguén recorda esta letra de Ska-P? Nela entoaban alto e claro: resistencia, resistencia, de-so-be-dien-cia. Ao pouco de publicarse El vals del obrero en 1996, eu xa era un fan incondicional dos de Vallecas. A meus pais rebentáballe os oídos e dicían que non inventaran nada novo, que eran pura canción protesta. O certo é que vexo pouco parecido con Lluís Llach. Poderiamos... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2017: VER ONDE NINGUÉN VE

A programación da 14 edición de Curtocircuíto prestaba especial atención a todo aquilo que xiraba arredor do son. Precisamente, con este mesmo nome, o festival agrupaba diferentes sesións e actividades que tiñan o son como eixo central. “O cine non é visible e audible, senón que algo sucede no medio de ámbolos dous sentidos. Se as imaxes se proxectan sobre a pantalla, o son é o modo que ten o cinema de proxectarse sobre nós”, di Xoán-Xil López no texto do catálogo... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR

Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis