DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (2)

A continuación completamos a nosa crónica da Sección Oficial do Festival Punto de Vista 2018, que se celebrou en Pamplona entre os días 5 e 10 de marzo. A última edición do encontro navarro, cita obrigada para todos os amantes do cinema documental máis audaz e vangardista, estivo marcada pola renovación do seu equipo técnico e artístico. Na publicación anterior reseñamos algunhas das obras programadas este ano, que por primeira vez contou cunha maioría de directoras... Ler máis

OUFF 2017: O PERSOAL É POLÍTICO

Este lema feminista semella funcionar na programación da 22ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense coma unha sorte de declaración de intencións. Algúns dos filmes programados collen como bandeira estas palabras para debuxar historias crúas, cargadas de realismo, que nos sitúan contra as cordas como partícipes dunha sociedade caduca na que cómpre replantexarse os piares sobre os que construímos. Baronesa (Juliana Antunes, 2017) Como non podía ser doutra... Ler máis