SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2018: ALÉN DO ESPELLO: OS RETRATOS DE ULRICH SEIDL

«Nunca fun despiadado, creo, pero gústame mostrar a verdade ao espido» Ulrich Seidl I Velaquí ante os nosos ollos a filmografía de Ulrich Seidl: un retrato de Europa. Cun sinal documental incluso cando se penetra na ficción, encadres frontais e estáticos, planos xerais a media altura coas figuras humanas expostas no centro, unha profundidade de campo aplanada por unha parede lisa (ou acentuada cara a un punto de fuga), composicións simétricas e miradas a cámara, o estilo... Ler máis

WESTERN, de Valeska Grisebach

Un grupo de traballadores alemáns chega a un lugar inhóspito da fronteira entre Bulgaria e Grecia para levar a cabo as obras dunha planta hidráulica. Nunha área montañosa e practicamente despoboada, comezan a desenvolver unhas dinámicas de traballo que dalgunha maneira afectarán os poucos paisanos da zona, quen os miran con receo. Só un deles, amigo dos cabalos salvaxes da contorna, chamado “o novo” polos operarios teutóns e que recibe o alcume do “lexionario”... Ler máis

HANNAH ARENDT, de Margarethe von Trotta

Unha das cualidades máis valiosas que posúe o cinema é a de recuperar para o gran público personaxes históricos que a propia Historia non colocou no lugar que lles corresponde. Este sería o caso de Johannah Arendt (Hannover, 1906 – Nova York, 1975), politóloga e filósofa (aínda que ela rexeitaba esta denominación) de orixe xermana que foi quen de abrirse paso nun mundo eminentemente masculino até converterse nunha das mentes máis lúcidas á hora de analizar... Ler máis