MELANCHOLIA, de Lars von Trier

ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ‘boutades’, ruído de fondo anecdótico que non pode enmascarar unha realidade, que non é outra que estamos, probablemente,... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis