FOUND FOOTAGE MAGAZINE E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN PACK DE REVISTAS

Found Footage Magazine e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores un pack cos dous últimos números da senlleira publicación cinéfila. O pack, xa dispoñible a través da súa web, inclúe os números #4 e #5, con contidos como un especial sobre o cinema de Peter Tscherkassky, textos asinados por críticos do talle de Jonathan Rosenbaum, Malcolm Le Grice ou Stephen Broomer, ou ilustracións de artistas como Michael Fleming, María Cañas ou... Ler máis

FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I)

1. Prólogo Seguir de preto a curta historia dun festival, máis cando os seus primeiros pasos van paralelos no tempo ao crecemento dun mesmo como cinéfilo, permite sacar conclusións globais raramente factibles en calquera outra circunstancia. No caso de Filmadrid, se nos paramos a lembrar o espírito co que naceu nunha noite de xuño de 2015, a súa evolución ata o momento actual só pode adxectivarse cun inusual entusiasmo. Con idéntica mirada retrospectiva, podería afirmarse... Ler máis

Jonathan Rosenbaum: “Os cinéfilos somos coma un club secreto” (2/2)

Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis

Jonathan Rosenbaum: “O bo cinema ensínache como vivir” (1/2)

“A filmoteca está xusto ao final desta rúa, verdade?” Así é. O meu acompañante oriéntase ben. Saímos do Museo Reina Sofía e parámonos nunha terraza na rúa de Santa Isabel. Aínda que fai 11 anos que non visita Madrid, sitúa perfectamente os principais museos e institucións do centro da capital. “Adoitaba ficar por esta zona, por iso a coñezo; Carlos Heredero convidoume antes de fundar Caimán. Cuadernos de Cine e foi un gran guía. A miña intención... Ler máis

FILM COMMENT: AUTORISMO ÁXIL

Non é unha novidade editorial, mais a raíz da feliz resurrección dun festival tan relevante no contexto español coma o das Palmas, rescatamos o último volume editado polo mesmo, en 2012: La mirada americana. Cincuenta años de Film Comment, unha compilación de textos reunidos polo crítico Manu Yáñez sobre a mítica cabeceira dos EUA. A intención da escolla, como o editor ben indica no limiar, pivota sobre dúas ideas: representatividade... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron o debate sobre como ver e pensar as imaxes, fornecendo a críticos, académicos, programadores... Ler máis