As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica

Hai cincuenta anos a Revolución dos Cravos en Portugal puña fin a preto de medio século de ditadura salazarista. De entre os diversos filmes que se teñen feito sobre o tema, As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, é un dos que máis destaca por diversos motivos. En primeiro lugar, inmortalizou in situ o acontecemento, con todo o valor histórico que isto ten. Gravado entre o 25 de abril e o 1 de maio de 1974, recolle polo tanto os... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)

  É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis

DE REVOLTAS E HOMES

“Debemos negar o presente en todas as súas formas e construir o futuro” Ice “O gran dragón chámase “ti debes”, pero o espíritu do león di “eu quero” Nietzsche A labor de difusión cultural da empresa Intermedio atopa outro dos seus momentos álxidos coa edición de dous excelentes (e autoproducidos) títulos da primeira etapa do cineasta estadounidense Robert Kramer (1939-1999), Ice (1969) e Milestones (1975). Esta pertinente edición permite recuperar a un... Ler máis