CURTOCIRCUÍTO 2019: RADAR, REVOLUCIÓN, RESISTENCIA!

“Sí, señor, sí, señor, somos la revolución, tu enemigo es el patrón, somos la revolución…” Alguén recorda esta letra de Ska-P? Nela entoaban alto e claro: resistencia, resistencia, de-so-be-dien-cia. Ao pouco de publicarse El vals del obrero en 1996, eu xa era un fan incondicional dos de Vallecas. A meus pais rebentáballe os oídos e dicían que non inventaran nada novo, que eran pura canción protesta. O certo é que vexo pouco parecido con Lluís Llach. Poderiamos... Ler máis

A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho

Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis

DISIDENCIA: CARA UN NOVO CINEMA POLITICO

Ici et alleurs (Jean-Luc Godard, 1976) “Hoxe semella máis sinxelo imaxinar o final do mundo que ofrecer unha alternativa á orde dominante. Non temos un contraplano”. Arredor desta reflexión dispárase o ensaio Figures of Dissent: Cinema of Politics / Politics of Cinema de Stoffel Debuysere, que vén de ser publicado nun elegante formato de tapas brancas que se vai manchando de a pouco segundo se avanza na súa lectura. En forma de seis cartas a diferentes cineastas, artistas... Ler máis

BERLINALE (1/2): COMUNIDADE E RESISTENCIA

Ao longo de dúas crónicas, daremos conta dalgunhas das liñas advertidas nesta Berlinale 2017. A nosa visita de apenas cinco días non nos permitiu acceder a moitas películas que nos tería gustado ver, mais si identificamos na nosa breve estancia unha clara coherencia temática e de estilo no festival, alén da calidade das cintas. É ademais o certame da capital alemá un que pode presumir de ser democrático. Olas de profesionais de todo o mundo e público local por igual... Ler máis

ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA

Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis