MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”

Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención... Ler máis

UN MAPA PARA OS ESTUDOS DE CINEMA

Onde estudar cinema? A oferta actual atópase tan dispersa que calquera adolescente que queira afondar na súa paixón vai ficar atrapado nesa pregunta cando teña que elixir destino. O principal problema que terá que afrontar de partida é a escisión entre os estudos teóricos, que ensinan a analizar e pensar os filmes, fronte á formación práctica, que ensina a facelos.... Ler máis

ENTREVISTA A MIGUEL ÁNGEL HUERTA

Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. “A UNIVERSIDADE DEBE SER O FARO E NON A FACTORÍA” John... Ler máis

O CINEMA NO PEIRAO DE MADRID

O SÉTIMO ARTE NO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL   A escola, dende sempre, sente horror ao baleiro e ao negativo. É verdade que forma parte da súa vocación ensinar a construír, antes de falar do que actúa ao contracorrente desta construción e que moitas veces é da orde das pulsións de creación (1) . A cuestión da presenza do cinema na escola e a súa transmisión ten... Ler máis

MATÍAS PIÑEIRO: “GÚSTAME MODELAR O PLANO NA RODAXE, QUE SE ADAPTE ÁS CIRCUNTANCIAS”

Debido á longa extensión da entrevista, que preferimos preservar íntegra, esta publicarase en dúas partes, sendo esta a primeira. A segunda parte pódese ler aquí.   Matías Piñeiro (Bos Aires, 1982) é un dos representantes máis novos e destacables do último Novo Cinema Arxentino. O CGAI dedicoulle recentemente unha retrospectiva que permitiu coñecer ao público... Ler máis

OBRADOIROS DE VIDEOGRAFÍA E CINEMATOGRAFÍA PARA A XUVENTUDE

EXPERIENCIAS E METODOLOXÍAS EN CINEMA E EDUCACIÓN Cando, no curso académico 2005-2006, comecei a impartir obradoiros de vídeo nun instituto de Badia del Vallès, a miña proposta era basicamente filmar e proxectar unha serie de vivencias cun grupo de mozos e mozas duns 14 anos. Os grupos eran bastante grandes, até 30 alumnos, mais xogabamos coa dobre vantaxe de contar cunha... Ler máis

Bertrand Tavernier: “A CULTURA É UN SALVAVIDAS, E ESTAMOS NO TITANIC”

Bertrand Tavernier (Lyon, 1941) é coñecido, entre outras cousas, por ter representando unha Historia de Francia a partires de múltiples filmes da súa extensa filmografía, razón pola que foi convidado a participar no III Congreso Internacional de Historia e Cinema: Modelos de Interpretación para o Cinema Histórico; coordinado polo Centro de Estudos Fílmicos da USC (CEFILMUS),... Ler máis

THE FUTURE, de Miranda July

A traxectoria de Miranda July atravesa neste momento un período delicado. A súa estrea de masas no desapiadado mundo do celuloide, lembremos, foi fulgurante: a súa primeira longametraxe, Me and You and Everyone We Know(2005), estreouse a escala mundial no festival de Cannes, onde obtivo a prezada Cámara de Ouro á mellor ópera prima e eloxios de case todos os sectores da crítica... Ler máis

RÉCRÉATIONS (1992), de Claire Simon

ISTO NON É UNHA PIPA O neno é o portador dunha ollada libre, indisciplinada, un xeito de mirar que aínda é capaz de sorprender aos ollos. O neno ensina ao adulto a mirar as cousas como por vez primeira, sen os hábitos da ollada constituída Jorge Larrosa Fai algunhas semanas, a un amigo ocorréuselle animar a súa festa coa proxección de varias películas domésticas... Ler máis