¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis

FIRST REFORMED, de Paul Schrader

Desesperanza e graza Como é posible que unha película eminentemente teolóxica alcance a discreta popularidade de First reformed en 2018? Un éxito que Paul Schrader non recibía polo menos desde os anos de Aflicción (1998) e que queda reflectido no cuarto posto que acadou a película entre o mellor do ano, segundo A Cuarta Parede. Incluso cando se trata dun director como Martin Scorsese, co que Schrader sempre entrelazou a súa carreira, adoita dicirse que a influencia relixiosa... Ler máis

ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?

“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis