CURTAS 2018: PAIXÓNS ADOLESCENTES E AMORES FUGACES

Mergullarse cada ano na competición nacional de Vila do Conde, acompañada de sesións paralelas de cinema luso – cunha delas dende hai un tempo producida co apoio do festival – permite tomarlle o pulso a unha cinematografía que, coa rica herdanza de António Reis, Margarida Cordeiro, Pedro Costa ou Paulo Rocha – por citar só uns poucos evocados en 2018 – e cunha capacidade inmensa de producir novo talento, preséntase como unha das máis relevantes do mundo no que... Ler máis

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO

O cinema portugués volve estar de xira neste outono polo estado español, percorrendo festivais e filmotecas xa que non atopa acomodo nas salas comerciais: hai unhas semanas, un mesmo ciclo con diferentes programas comezou a súa andaina no Festival de Cinema Europeo de Sevilla para instalarse despois nas pantallas do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), do Instituto Valenciano do Audiovisual e da Cinematografía (IVAC) e da Filmoteca de Cantabria. Moitos dos seus títulos... Ler máis

VILA DO CONDE 2013: REI INÚTIL E GAMBOZINOS

O pasado mes de xullo celebrouse a vixésimo primeira edición do festival Curtas Vila do Conde, onde o gran premio do festival foi para a curtametraxe Carosello (Jorge Quintela, 2013). O noso colaborador habitual Paulo Cunha estivo seguindo a competición portuguesa durante varios días, e alí detectou unha serie de constantes que esta semana nos vai explicar ao longo de tres artigos consecutivos. O primeiro deles, que publicamos a seguir, sitúa as curtas Rei Inútil (Telmo... Ler máis

OS VIVOS TAMBÉM CHORAM, de Basil da Cunha

Despois de Miguel Gomes, Sandro Aguilar e João Nicolau, a produtora portuguesa O Som e a Fúria atopou en Basil da Cunha unha nova tarxeta de visita no contexto das curtametraxes. A produtora fundada por Sandro Aguilar e João Figueiras en 1999, actualmente dirixida polo primeiro e por Luís Urbano, ten responsabilidades recoñecidas na revelación de novos valores no cinema portugués na última década e decidiu apostar neste mozo luso-suízo. Fillo de nai suíza e pai portugués,... Ler máis

ENTRECAMPOS, de João Rosas

Mariana é unha rapariga de 11 anos que acaba de se mudar co pai para Lisboa, vinda dunha pequena cidade do Tello. Os primeiros días na cidade, ao final de agosto, pásanos afacéndose á casa e coñecendo o novo barrio, Entrecampos. No fin do primeiro día de clases, Mariana pérdese ao voltar para a casa da escola e ten que telefonar ao pai a pedirlle axuda. Ao día seguinte, traba amizade cun rapaz da súa clase, Nicolau, e o irmán máis vello del, Simão. Os dous irmáns... Ler máis