‘EL CINE QUE ME IMPORTA’, de Javier Tolentino

Javier Tolentino con Neus Ballús e Lluís Miñarro, na gravación dun programa no marco de Curtocircuíto. FOTO: Tamara de la Fuente Quen agarde un libro de análise crítica, non o vai atopar en El cine que me importa. Menos aínda unha antoloxía do mellor da historia do cinema por Javier Tolentino. O volume do presentador de El séptimo vicio de Radio 3 é un ensaio apaixonado e cinéfilo, dun xornalista que leva anos contando o que ocorre no mundo do cinema, dende a súa... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR

Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis

CREER Y CREAR, VAN JUNTOS

De poco sirve lamentarse cuando a quienes va dirigido el lamento, no tienen ningún interés en recogerlo. Así las cosas, quizás lo más oportuno es encontrar por qué caminos puede “colarse” la creatividad en un estado de cosas a la que no ha sido llamada. Podrá parecer exagerado, pero tengo suficientes datos como para intuir que la diversidad en diversos campos – y específicamente en el cinematográfico – ha dejado de interesar a los gestores de la cosa pública.... Ler máis

“STELLA CADENTE É UN FILME DE ÉPOCA VISTO DENDE UNHA PERSPECTIVA ROCKABILLY E SEXI”

Luís Miñarro (Barcelona, 1949) estreou o pasado 27 de xaneiro no Festival Internacional de Cinema de Róterdam a súa primeira longametraxe de ficción: Stella Cadente. Unha première mundial dentro da Sección Oficial do certame (Tiger Competition) que contou coa presenza de Àlex Brendemühl e Lola Dueñas. O filme abarca o período no que Amadeo Fernando María de Saboia reinou (ou o tentou) en España (1870 – 1873). Máis coñecido como Amadeo I ou o “Rey Caballero”,... Ler máis

ENTREVISTA A LUIS MIÑARRO

“A FUNCIÓN DO PRODUTOR É PRODUCIR TALENTO” ·  A produtora Eddie Saeta áchase no Passatge Permanyer, un dos recunchos máis intocados de Barcelona. Accédese a el a través dunha reixa de metal que dá paso a unha das poucas rúas empedradas da cidade nas que aínda soa o eco dos cascos dos cabalos. Un espazo moi cinematográfico. Despois, durante a entrevista, Luis contarame que as súas catro últimas producións son en certo xeito historias de pantasmas, de... Ler máis