EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018)

Contemplar cada novo filme de Hong Sang-soo supón mergullarse nun universo de profundas ramificacións que nos leva dunha película a outra, realizando conexións continuamente coas súas constantes temáticas e formais. É como de se fita a fita establecese unha sorte de rimas e a súa obra completa rematase por ser un grande poemario. Curioso logo que o seu último protagonista sexa un poeta que, sentindo a presenza dunha morte próxima dun xeito que non pode explicar racionalmente,... Ler máis

HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”

Hong Sang-soo (Seúl, 1960) converteuse nos últimos vinte anos nun dos autores surcoreanos máis importantes do momento, e pode que o que máis teña influenciado os cineastas independentes de todo o mundo. Lonxe da estilización doutros coetáneos como Bong Joon-ho ou Park Chan-wook, o creador de Tale of Cinema (2005) caracterizouse máis ben por un estilo sobrio e por xoguetonas tramas que se constrúen na rodaxe, sen guión, ámbito onde a súa influencia máis se deixa notar.... Ler máis

JIFF 2014: LO QUE EL FERRY SE LLEVÓ

El pasado abril sucedió un desastre que dio forma concreta a un sentimiento que viene sobrevolando Corea del Sur hace ya algún tiempo. Nada podría haber sido peor. Fue el peor resultado en las peores de las situaciones. El 16 de abril el ferry Sewol, que se dirigía hacia la isla coreana de Jeju, perdió estabilidad y en el plazo de dos horas se hundió junto con más de 300 estudiantes de entre 10 y 18 años de edad. Esta tragedia, que no es accidente, sacó a flote muchas,... Ler máis

BONG JOON-HO: VIVISECCIONANDO O “MONSTRO” DA PANTALLA COREANA

“Esta vez fai que pareza real… como nas películas” inspector Park Doo-man -Song Kang-ho- en Memories of Murder O ano 2003 marcou, sen ningunha dúbida, un antes e un despois na historia do cinema coreano. Non tanto pola propia historia cinematográfica de Corea do Sur, que xa contaba cunha longa tradición, como pola acollida que as pantallas occidentais comezaron a facer das producións chegadas do país asiático. Por suposto, quedaba moito camiño por percorrer (aínda... Ler máis

SNOWPIERCER, de Bong Joon-ho

A LOCOMOTORA COREANA O planeta está morto por conxelación. A terra cuberta de neve perpetua e os mares xeados deixaron de ser aptos para a vida; as plantas morreron, os animais desapareceron e a humanidade extinguiuse. Agás por un puñado de sobreviventes que, enclaustrados nun tren de enerxía renovable en constante movemento, sobreviven varios anos coma os últimos especímenes da raza humana baixo un único mandato: a locomotora sempre debe avanzar. A partir deste vibrante... Ler máis

Número 18

A inminente estrea do filme de ciencia-ficción Snowpiercer, primeira película rodada en inglés do surcoreano Bong Joon-ho; e o recente paso polas salas de The Last Stand (Kim Jee-woon) e Stoker (Park Chan-wook), cintas rodadas por compatriotas da mesma xeración tamén en inglés; coincide co ciclo que este mes lle dedica o FIC Xixón ao tamén surcoreano Hong Sang-soo, logo do seu paso cunha retrospectiva similar polo BAFICI. Esta coincidencia convirte o 2013 nun ano moi surcoreano... Ler máis

O HAN NO CINEMA SURCOREANO

Ban Ki-Moon a ritmo de Gangnam Style, os omnipresentes móbiles Samsung, a incipiente presenza do kimchi nos bufetes asiáticos, a ameaza de guerra nuclear de Kim Yong-un… Como rezaba a reportaxe central de El País Semanal do pasado 8 de setembro: “Corea del Sur. La próxima invasión”. O cinéfilo ri co titular, porque iso de que a cultura popular do país non estivera moi presente ata agora no noso, como que non é moi exacto1. 2003: Memories of Murder (Bong Joon-ho)... Ler máis

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013

Kim Ki-duk presentando o seu novo proxecto, 'Moebius'. En Asia, a histórica dispoñibilidade á boa e non tan custosa tecnoloxía fixo que o uso dos aparellos electrónicos se sitúe no centro da vida e que o rexistro e posterior reporte das actividades cotiás sexan a norma, xerando unha abafadora naturalidade coa que o normal da poboación domina a técnica. Sumado á consolidación a fins dos 90 dun cinema nacional grazas, principalmente ao establecemento do Busan... Ler máis