As Neves, de Sonia Méndez

Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío... Ler máis

Las Palmas 2024 (I): Sensibilidades contemporáneas

Cu Li Never Cries, de Pham Ngoc Lan

Mãos no fogo, de Margarida Gil Unha das recompensas que ten cubrir un mesmo festival ano tras ano é a ocasión de apreciar a coherencia da súa programación a través do tempo. Sen a servidume a directores reclamo e os síntomas de xigantismo doutros certames, o Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria estableceuse durante 23 edicións como un lugar no que... Ler máis

Evil Does Not Exist, de Ryûsuke Hamaguchi

Evil Does Not Exist, de Ryûsuke Hamaguchi

Evil Does Not Exist, de Ryûsuke Hamaguchi É sequera posible cambiar as cousas? O desexo de desmontar a casa do amo tende a revelar que non posuímos máis que as ferramentas do amo, e que a nosa noción do que é unha casa é indisociable da nosa experiencia até o momento. O propio ‘fóra’ no que imaxinamos a construción dun presente revolucionario está profundamente condicionado... Ler máis

Punto de Vista 2024: Lazos que unen

The Ties That Bind, Su Friederich

Retrato de Mondongo, Mariano Llinás O título desta crónica parécenos máis obvio e inevitable que nunca. Lazos que unen non era só o nome do foco dedicado á brillante cineasta estadounidense Su Friedrich –tomado á súa vez dunha das súas obras máis emblemáticas e conmovedoras, The Ties That Bind (1985)–, senón tamén unha boa síntese dos motivos que nos devolven,... Ler máis

19.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais

12 de maio de 1937, de Mar Caldas

Sesión Inaugural MICE 2024. ‘586 Cantos’. Un ano máis, Santiago de Compostela volveu acoller a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego, cuxa décimo novena edición tivo lugar entre o 20 e o 26 de marzo. A política e a tensión social a través das pulsións de intereses foron as protagonistas este ano, outorgándonos pezas que non... Ler máis

As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica

As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica (1975)

Hai cincuenta anos a Revolución dos Cravos en Portugal puña fin a preto de medio século de ditadura salazarista. De entre os diversos filmes que se teñen feito sobre o tema, As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, é un dos que máis destaca por diversos motivos. En primeiro lugar, inmortalizou in situ o acontecemento, con todo o valor... Ler máis

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’

Cartaz Seminario Play-Doc ACP 2024

  A historia do cinema construímola os espectadores, segundo os filmes que vexamos, segundo os filmes que nos deixen ver. Cada xeración ten acceso a uns títulos ou outros en función da distribución e dos debates do seu tempo, polo que programadores e críticos teñen un papel fundamental nunha historia sempre en reconstrución. Ninguén reparara nos realizadores industriais... Ler máis

La Bête, de Bertrand Bonello

La Bête, de Bertrand Bonello

Sempre fun fan do tópico hollywoodiense “dúas persoas coñécense dende crianzas e viven unha tensión romántica durante o resto da súa vida porque hai algunha forza mística que sempre fai que acaben xuntos”. Agora gústame un pouco menos, porque descubrín a súa versión superior grazas ao cinema da India: “Coñecémonos hai vidas pasadas e cada século os acontecementos... Ler máis

Número 49

Casa do silencio, de Jon Jost (2023)

O inicio do ano no mundo do cinema sempre está marcado pola implacable tempada de premios. Fonte inesgotable de noticias, revisións e prognósticos, estas entregas de galardóns seguen sendo un bo indicativo para medir o pulso da industria, as tendencias contemporáneas e os gustos predominantes nas distintas academias nacionais e internacionais. Lamentablemente, en moitos casos,... Ler máis

Vitorias agridoces dun camarada ianqui: Catro obras de Jon Jost

Jon Jost

Last Chants for a Slow Dance (1977) Lembro estar vendo laSexta 3 (era pequeno, debía estar ou no último ano da primaria ou no primeiro da secundaria) e que falaran de Pulp Fiction como unha obra independente, barata, case underground. Non deixaban de repetir que a obra só custara oito millóns de dólares. “Só?”, preguntábase un novo e inocente Sohu. “Como que soamente... Ler máis