Locarno 2022: Modulacións do real

Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022) As cámaras captan en esencia a vida, mesmo coas tramas máis fantasiosas. Poderiamos así afirmar que o cinema do real é un dos máis puros que existen. A 75ª edición do Festival de Locarno deunos bos exemplos. O premio do xurado ecuménico recaeu en Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022), un galardón que sabe a pouco para un filme tan excelso, pero que ten bastante... Ler máis

ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”

Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis

TERRA FRANCA, de Leonor Teles

A primeira longametraxe de Leonor Teles (1992) retrata con delicadeza o día a día de Albertino Lobo, un pescador que faena no municipio de Vila Franca de Xira, lugar natal da directora a beiras do Texo. Ao abrir cunha intensa xornada de traballo á vella usanza, envolvendo a súa figura solitaria na paisaxe fluvial mediante unha fermosa fotografía nocturna, todo fai presaxiar un achegamento clásico a esa figura masculina tradicional, alicerce dun fogar humilde cuxa subsistencia... Ler máis

LES SALAUDS, de Claire Denis

Se algo caracteriza os filmes de Claire Denis é a edición elíptica mailas verbas non ditas, esixindo así un espectador activo e permisivo. Formada xunto a directores do talle de Wim Wenders, a autora francesa constrúe ocos narrativos de xeito voluntario gracias a un escaso diálogo e a imaxes paralelas que bosquexan pouco a pouco a trama. Os saltos temporais fan deste un cine no que costa entrar e no que se require unha actitude atenta e disposta. Les salauds comeza cun... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS

Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis

VILA DO CONDE 2013: A MÃE E O MAR

O Método Tocha, Opus 4 Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Logo de Balaou (2007), É na Terra, não é na Lua (2011) e Torres & Cometas (2012), Gonçalo Tocha prosegue coa súa viaxe e cos seus diarios cinematográficos. Malia abordar realidades moi concretas (São Miguel, Corvo, Guimarães e Vila Chã), os seus filmes teñen algo en común, o método: Tocha observa e partilla as súas impresións, sempre á procura da memoria e do imaxinario das persoas... Ler máis

HISTORIA E PANTASMAS NO CINE PORTUGUÉS CONTEMPORÁNEO

Espectres del cinema portuguès contemporani: História i fantasmas en les imatges é unha investigación sobre o cine portugués contemporáneo claramente hubermaniana nos seus fundamentos e a súa estrutura. Como tamén o era Atlas portátil de América Latina: Arte y ficciones errantes de Graciela Speranza. George Didi-Huberman é o alicerce teórico (e metodolóxico) sobre o que ambas investigadoras sustentan os seus libros. Aínda que tanto Graciela como Glória comparten... Ler máis