A PAISAXE ETERNA, UNHA IDEOLOXÍA DE INMOBILIDADE

A paisaxe atópase na centralidade das representacións documentais do territorio galego. Preséntase tan eternamente fermosa como superficial na súa realidade social. No transcurso do século XX establécense uns canons de representación fílmica que afunden as súas raíces na pintura paisaxística, a fotografía turística e as películas de emigración, conformando unha serie de recorrencias de representación compositiva, temporal e simbólica de Galicia, que acaban por... Ler máis

PAISAXE E PAISANAXE

Gran plano xeral. Unha figura diminuta atravesa paseniñamente un amplo espazo aberto. Ás veces non é unha figura, senón unha presenza, un obxecto, algo que pasaba por alí, ou algo que xa estaba alí. Esta caste de imaxe, que procede da tradición pictórica romántica, como ben explicou Horacio Muñoz Fernández no seu texto ‘Sobre a obra paisaxística de Lois Patiño‘, é unha constante na historia do cinema, dende Greed (Erich von Stroheim, 1924) até Costa... Ler máis

天注定 (A TOUCH OF SIN), de Jia Zhangke

Para una crítica de la violencia El cineasta chino Jia Zhangke ha fundamentado toda su obra en el registro de las enormes metamorfosis espaciales que se han producido en China como consecuencia de su incorporación a la economía de mercado en 1978. La liberación del sistema económico, la creciente influencia de las fuerzas del mercado y la mayor apertura exterior han provocado en el gigante asiático una radical metamorfosis urbanística y espacial en los últimos 30 años.... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis

EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN

O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis

郊遊 (STRAY DOGS), de Tsai Ming-liang

Soñan os humanos con paisaxes pintadas? -Que caste de cadros? – Paisaxes. – Síntoo, non teño paisaxes. Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ——————————————————– I’m not in love with the modern world, I’m not in love with the modern world, It was a torch driving the savages back to the trees Wolf Parede, Modern Times —————————————– A... Ler máis

A memoria dos lugares. Patrick Keiller e o documentário psicoxeográfico

A proxección da recente Robinson in Ruins no Festival Punto de Vista trouxo ás pantallas estatais unha pequena mostra dos documentários psicoxeográficos do británico Patrick Keiller: unha oportunidade para achegarse a un cinema capaz de retratar o tempo a través do espazo. ‘Robinson in Ruins’ sae á procura da identidade inglesa a través da paisaxe Hai lugares onde se pode percibir o paso do tempo só con mirar para eles, lugares onde a historia pode emerxer... Ler máis