As Neves, de Sonia Méndez

Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío nin sequera reciben esa etiqueta. Eu asócioa a un modelo caduco e repetitivo, moi na liña indie... Ler máis

Número 49

O inicio do ano no mundo do cinema sempre está marcado pola implacable tempada de premios. Fonte inesgotable de noticias, revisións e prognósticos, estas entregas de galardóns seguen sendo un bo indicativo para medir o pulso da industria, as tendencias contemporáneas e os gustos predominantes nas distintas academias nacionais e internacionais. Lamentablemente, en moitos casos, estes eventos derivan en celebracións frívolas e endogámicas, máis preocupadas por repartir... Ler máis

Curtocircuíto 2023: Planeta GZ

Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego contemporáneo e o seu apego á terra, establecendo unha profunda conexión con ela. Ruovesi é unha... Ler máis

O corpo aberto, de Ángeles Huerta

O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse, non só da dinámica e gratificante confluencia de xéneros, a priori tan distantes, como o drama... Ler máis

Curtocircuíto 2022: Planeta GZ

Proxecto X (Sol Mussa, 2022) Santiago de Compostela volveu celebrar, como cada outono, a súa cita anual co cinema independente e de vangarda. O Festival Curtocircuíto regresou aos teatros da capital con numerosas actividades relacionadas co audiovisual que non só se limita ao formato monocanal proxectable, senón que inclúe na súa programación mostras performativas como a danza ou o live-cinema, un variado cartel de artistas musicais e DJ sets, ademais de encontros, mesas... Ler máis

A Anticrítica do Play-Doc 2022

Catro rapaces dun máster preséntanse en Tui para formarse nunhas xornadas sobre podcast, organizadas en relación co festival Play-Doc. “Malo será que nos manden facer algo sobre cine, ou?”. Non lles quedou outra que renderse ante a sétima arte e editar un produto en audio sobre as tres únicas curtas que se atreveron a ver. Sentíndolo polos afectados, estes catro iletrados da gran pantalla non quedaron sen dar a súa opinión. Autores: Alba Barreiro Núñez Andrés... Ler máis

Play-Doc 2022: Cinema galego

Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación da realidade moi específicos, lonxe da dinámica de gadget que habitualmente se aplica a este... Ler máis

Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe

Chían ao lonxe os paxaros, e o sol cae con forza nos rostros de varios cativos que contemplan como, fóra de cadro, un avión despega e se afasta, volvéndose cada vez máis pequeno. Un deles di que, de pecharen os ollos, poderán velo mellor. Deste xeito, e desde o comezo, Todos vós sodes capitáns (2010) pon en primeiro termo a cuestión arredor do poder da mirada, á que acompaña unha indagación sobre a pertinencia da distancia desde a que mirar. Así e todo, o debut na... Ler máis

Número 43

Onde estabas durante o confinamento? Por moitos filmes que visemos sobre un futuro distópico onde unha pandemia asolagaba o planeta, non estabamos preparados para ficar confinados nos nosos fogares. Pasamos por todos os estadíos: do ridículo acopio de papel hixiénico, á febre de facer pan na casa, á nova realidade coas caras tapadas con mascarillas. A imaxe que preside este número, a dos monxes de Le Fantôme de la liberté (Luis Buñuel, 1974), podería ser a escena... Ler máis

O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE

O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis