ARQUEOLOXÍA(S) DO SABER. A CRÍTICA FEMINISTA DESDE AS ORIXES ATA A ACTUALIDADE

Este texto é a versión escrita do relatorio presentado pola autora no Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No seu artigo “The Crisis of Naming in Feminist Film Criticism”, publicado en Jump Cut en 1978, Ruby Rich recuperaba os principais eventos e publicacións da crítica cinematográfica feminista da década, así como as estreas dos primeiros filmes feministas segundo a consideración desta... Ler máis

O ORNITÓLOGO, de João Pedro Rodrigues

Identidades mutantes Ser un, ser outro, ser doutra maneira. Ser aquilo que desexamos, que rexeitamos ou que ignoramos. Ser en proceso, en permanente transformación, guiados polo desexo, polo destino ou simplemente polo azar. Os personaxes de João Pedro Rodrigues son sempre suxeitos ambivalentes, abertos ás múltiples permutacións que admite a identidade: poden ser homes que se converten en bestas, como en O Fantasma (1999); mulleres que se converten en homes, como en Odete... Ler máis

아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema estadounidense non lle deixou desenvolver esa obra nos seus propios termos. De volta á industria... Ler máis

OS PASEOS ARQUITECTÓNICOS DE HEINZ EMIGHOLZ

O cinema é unha tecnoloxía de lugar, isto é, unha práctica estética e social capaz de producir espacialidade: dunha banda, pode representar unha paisaxe, unha rúa, un edificio ou mesmo un cuarto coa maior fidelidade posíbel; doutra banda, pode construír lugares complementarios ou alternativos aos reais, segmentándoos nas súas distintas pezas para despois recompoñelos na montaxe. Filmar un lugar significa así filmar tódolos elementos que o compoñen e tódalas relacións... Ler máis

Procesos #21 – Eloy Domínguez Serén

Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquilo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar A Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde Pettring. Viaxa, indaga, aprende e tamén ensina. Filma a única hora de luz que os habitantes de Fauske... Ler máis

LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche

Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis