郊遊 (STRAY DOGS), de Tsai Ming-liang

Soñan os humanos con paisaxes pintadas? -Que caste de cadros? – Paisaxes. – Síntoo, non teño paisaxes. Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ——————————————————– I’m not in love with the modern world, I’m not in love with the modern world, It... Ler máis

HISTÒRIA DE LA MEVA MORT, de Albert Serra

A MERDA EN OURO Desde a súa celebrada Honor de cavallería (2006), Albert Serra dedicouse a reapropiarse de estéticas románticas e aplicalas a mitos ultracodificábeis aos que reduce á súa máxima esencia (1). Nesa película, o Quixote e Sancho camiñaban polo campo á espera dunha aventura que nunca acaba por chegar. Serra mostrábanos a don Quixote como unha especie de... Ler máis

LE PASSÉ, de Asghar Farhadi

A REDENCIÓN SILENCIOSA “Por non morrer de angustia e de vergoña, os homes están eternamente condenados a esquece-las cousas desagradables das súas vidas, e canto máis desagradables son, antes as esquecen”. Así sentenciaba un inspector sen nome encarnado por Roman Polanski en Una pura formalità, de Giuseppe Tornatore (1994). O argumento, porén, non estaría completo sen... Ler máis

Procesos #18 – Jonás Trueba

 Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores... Ler máis

OS FESTIVAIS DE CINEMA EN COREA DO SUR: UNHA CRÓNICA SOCIAL

Cando un se prepara para ir a un festival de cinema conta con pouca información: algunhas películas veñen precedidas de éxito noutros festivais, doutras non nos interesa tanto a película como a Guest Visit (presenza do director e staff durante a proxección e posterior diálogo co público) e da gran maioría, por ser estreas ou obras de directores noveles, non se ten máis... Ler máis

GUNVOR NELSON: A CINEASTA INESPERADA

Ás veces un vai a un concerto, e resulta que o ‘telonero’ convértese na estrela. Non é que toque peor que a banda principal, simplemente é menos coñecida. E, dende ese momento, non podes deixar de seguir a ese grupo, escarvas en Internet para ver que outros temas teñen. Esa foi a sensación que nos deixou a cineasta sueca Gunvor Nelson a moitos no pasado Festival... Ler máis

A SPELL TO WARD OFF THE DARKNESS, de Ben Rivers e Ben Russell

MELANCOLÍA PRIMITIVA Os dous Ben coñecéronse en 2006 en Brigthon. Russell estaba de tour por Europa e Rivers levaba unha especie de cinemateca cuns amigos desde había 10 anos. Chamaron a Russell e ao seu amigo Jonathan Schwartz para que presentasen as súas películas alí. Rivers e Russell caéronse ben e fixéronse amigos. Máis tarde farían un tour conxunto por Nova Zelandia... Ler máis

OPEN TALK: BONG E TARANTINO

Non houbo tempo para o rumor ou o transcendido. Simplemente chegou un mail avisando do evento: Open Talk Bong Joon-ho (BJH) e Quentin Tarantino (QT). Así, nunha fermosa tarde na que a luz acusaba o final do outono e do Festival Internacional de Busán (BIFF) Quentin Tarantino chegou á cidade surcoreana desde Macao, onde recibiu o premio pola súa carreira nos Premios Huading.... Ler máis

12 YEARS A SLAVE, de Steve McQueen

Ao longo da súa historia, o cinema norteamericano ten manifestado en diversas ocasións o seu interese sobre a barbarie e efectos da escravitude nos EUA. Este mesmo ano asistimos á estrea de dúas películas que, de forma diametralmente oposta, abordaban a cuestión: Django Unchained (Quentin Tarantino, 2012) e Lincoln (Steven Spielberg, 2012). Agora súmase a esta listaxe a... Ler máis

“PÓDESE HABITAR NA IMAXE” ENTREVISTA CON MARÍA CAÑAS

Os pasados festivais de Sevilla e Mar del Plata adicáronlle unha retrospectiva completa á obra de María Cañas (Sevilla, 1972), unha das creadoras máis inquedas do panorama audiovisual actual. Os seus traballos sitúanse a medio camiño entre o videoarte e o cinema de metraxe atopada, a parodia e o documentário, ou mesmo entre a teoría e a práctica, xa que non hai ninguén... Ler máis