18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Impropias

Destello Bravío, de Ainhoa Rodríguez *Un ano máis, en colaboración coa MICE – Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, A Cuarta Parede convida á coordinadora da sección Impropias a compartir o proceso de selección das obras que compoñen este programa. Nesta edición, a firma convidada é a cineasta Ainhoa Rodríguez. O labor era vincular a miña ópera prima, Destello Bravío, con outros dous filmes de mulleres cineastas cos que a miña película dialogase, dous... Ler máis

SALOMÉ LAMAS: “ESCOLLO PROXECTOS SEGUNDO A CURIOSIDADE QUE ME PROVOCAN OS LUGARES”

Podes ler a entrevista completa, aquí. O Festival Intersección dedicou unha retrospectiva ao traballo da directora Salomé Lamas (1987, Lisboa). A súa obra expándese desde o cinema ata a performance, a instalación ou a escritura. É autora de películas como A Comunidade (2012), El Dorado (2016), ou o proxecto Extraction: The Raft of the Medusa, que comprende dúas películas, unha instalación e unha publicación realizada con Editora Estraperlo. Gústache o deseño e a... Ler máis

CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL

O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional; descubrimos tamén aos novos herdeiros de determinadas liñaxes egrexias, como Farpões Baldios (Marta... Ler máis

PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis

LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE

Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos non fosen estimulantes –aí non perderon un ápice da súa procura de novos camiños para o cinema–... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis

2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO

A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO

O cinema portugués volve estar de xira neste outono polo estado español, percorrendo festivais e filmotecas xa que non atopa acomodo nas salas comerciais: hai unhas semanas, un mesmo ciclo con diferentes programas comezou a súa andaina no Festival de Cinema Europeo de Sevilla para instalarse despois nas pantallas do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), do Instituto Valenciano do Audiovisual e da Cinematografía (IVAC) e da Filmoteca de Cantabria. Moitos dos seus títulos... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis

A COMUNIDADE, de Salomé Lamas

A Comunidade, de Salomé Lamas foi seguramente a curta que máis divertiu o público da competición nacional da 20.ª edición do Curtas Vila do Conde e en todo o festival só foi suplantada pola curta de animación Flamingo Pride, de Tomer Eshed. Malia as ruidosas gargalladas, a moza realizadora portuguesa Salomé Lamas tivo a sensibilidade para alertar, por cuestións éticas, que o obxectivo do filme non sería nunca ridicularizar os participantes deste filme ou o obxecto... Ler máis